Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2018 Páx. 48002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións, en relación cos expedientes de concentración parcelaria da zona de Oroso (A Cañiza-Pontevedra), de modificación do acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser o seu enderezo descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra (avenida de Victoria Moreno, núm. 43, 2º andar, Pontevedra) teléfono 986 80 54 57.

Pontevedra, 22 de outubro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

OR-MA-118-3

Antonio Salgado Teijeira

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-120-2

José Manuel Pérez Gómez

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-132-3

Benito Rodríguez Rodríguez

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-132-6

Antonio Canosa Rodríguez

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-145-3

José Álvarez Rodríguez

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-145-6

Manuel Martínez Álvarez

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-145-8

Mª Esther Álvarez Valente

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-145-9

María Álvarez Rodríguez Balthazar da Silveira

Resolución sobre modificación do acordo

OR-MA-145-10

Rosa Mª Álvarez Martins Rodrigues

Resolución sobre modificación do acordo