Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47859

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 117/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 117/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Lojo Prol contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2018.

Presentado o anterior escrito de renuncia pola letrada Mª Belén Castro Montenegro, únase aos autos da súa razón e visto o seu contido tense por renunciada á defensa da parte executada Cervecom Cervecería Santiago, S.L.

Non proceda a suspensión da vista sinalada, comunicando por correo á executada a posibilidade de nomear nova defensa letrada se ao seu dereito conviñese para que lle asista na celebración da comparecencia sinalada para o próximo día 8.11.2018, ás 11.30 horas, na sala de audiencias número 3 deste xulgado, e facéndolle saber que debe asistir cos medios de proba de que se intente valer.

De non asistir o traballador ou persoa que lle represente, teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante, o acto terá lugar sen a súa presenza.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación perante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza