Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47861

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETNX 84/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 84/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Federico Li Volsi contra Esugani, S.L. e o Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o dez de outubro de dous mil dezaoito.

Queda pendente de satisfacer na presente executoria a suma de 1.800 euros de principal e 180 euros en concepto de xuros e custas e sen encontrar bens abondo e de conformidade ao artigo 276.1 da LXS, acordo:

Dar audiencia a Federico Li Volsi e ao Fondo de Garantía Salarial para que no prazo máximo de quince días, insten o que no seu dereito conveña para a continuación da executoria designando en tal caso bens concretos do debedor sobre os que despachar execución.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Esugani, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza