Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47850

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1057/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1057/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Crespo Blanco contra Noemí Porteiro Pena e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana Isabel Crespo Blanco e Digna Amigo Ferreiro, contra a empresaria individual Noemí Porteiro Pena, en consecuencia, debo condenar e condeno á empresaria individual Noemí Porteiro Pena a que aboe ás demandantes as cantidades que se explicitan:

– A Ana Isabel Crespo Blanco, a cantidade de 2.496,89 €, por salarios de agosto e setembro de 2017, e a compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 200,94 € en concepto de indemnización derivada de finalización de contrato temporal.

– A Digna Amigo Ferreiro, a cantidade de 2.718,81 €, por salarios de xullo a setembro de 2017, e a compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, e 167,45 € en concepto de indemnización derivada de finalización de contrato temporal.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Noemí Porteiro Pena, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza