Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2018 Páx. 47852

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (268/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SSS 268/2018, seguido por instancia de Juan Manuel Martínez Gómez contra Ordes Forestal, S.L.U., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre determinación de continxencia, se ditou sentenza núm. 129/2018, do 30 de xullo de 2018, admitindo a demanda, contra a que non cabe interpoñer recurso ningún. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ordes Forestal, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza