Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica á interesada a solicitude de declaración de utilidade pública da liña eléctrica de evacuación do parque eólico Mouriños (IN407A 2017/046-1).

A empresa Renovables Aragón, S.L.U. formulou a solicitude de declaración de utilidade pública para a liña eléctrica de evacuación do parque eólico Mouriños, sita no concello de Zas (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

A persoa interesada ou o seu representante legal deberá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Polígono

Parcela

Concello

Interesada

Acto que se notifica

1

57

545

Zas

Insúa Muñiz Carmen

Solicitude de utilidade pública