Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 18 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2013/0055-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber aos interesados que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Expediente: RL 2013/0055-4.

Acta: I362013000017761.

Empresa: Manuel Mosquera García.

DNI/NIF: 35236851T.

Enderezo: lugar Cira; Silleda.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15.1.h), 15.4 e 17.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e anexo IV, parte C, 3.b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f), 39.3.c) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 5.10.2018.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción I362013000017761 e proceder ao arquivamento do expediente.

Vigo, 18 de outubro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra