Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a ampliación de prazo das alegacións do acordo de inicio do expediente de caducidade do permiso de investigación Navallo número 5255, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Calizas Rubiá, S.L., con último enderezo coñecido na rúa Ourense, 1-1º, oficina G, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), como titular, a ampliación de prazo para presentar as alegacións que xulgue oportunas no inicio do expediente de caducidade para o permiso de investigación Navallo nº 5255 , pola causa prevista no artigo 30 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e na Lei de minas do 21 de xullo de 1973, e no Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978.

O interesado dispón dun prazo de sete (7) días, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co artigo 32.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación do expediente de caducidade proseguirá a súa tramitación.

Ourense, 16 de outubro de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense