Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 11 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018442AL-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 26 de setembro de 2018 a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018442AL-PO contra José Manuel Villaverde Troncoso, co DNI 36125500K, como titular do establecemento denominado Los Pinchitos al Alba.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a José Manuel Villaverde Troncoso o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43-1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 11 de outubro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2018442AL-PO.

Denunciado: José Manuel Villaverde Troncoso.

DNI: 36125500K.

Enderezo: rúa Ribelas, 60, Matamá, 36213 Vigo.

Feito imputado: suposta infracción do previsto no Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios:

• Artigo 3, Obrigacións xerais dos operadores de empresa alimentaria.

• Artigo 4, Requisitos xerais e específicos en materia de hixiene.

• Artigo 5, Sistema de análise de perigos e puntos de control crítico.

Anexo II:

• Capítulo I, puntos 1, 2, 4, 10.

• Capítulo II, puntos 1, 3.

• Capítulo V, punto 1.

• Capítulo VI, puntos 1, 2.

• Capítulo IX, puntos 2, 3, 5, 7.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 51 punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición: «O incumprimento dos requisitos en materia de seguridade alimentaria, cando represente un risco para a saúde pública e sempre que non poda considerarse unha infracción moi grave».

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001 €).