Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 17 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Ténica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica a incoación do procedemento sancionador PSC/2018/27, por infracción en materia sanitaria.

O 2 de xullo de 2018, o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade acordou a incoación do procedemento sancionador PSC/2018/27 por infracción en materia sanitaria.

O 5 de xullo de 2018, unha vez intentada a práctica da notificación a interesada ás 14.50 horas no seu último domicilio coñecido, esta foi devolta polo servizo de Correos por estar ausente ou resultar descoñecida a persoa destinataria. O 13 de xullo de 2018, intentada novamente esta notificación ás 13.20, esta foi devolta igualmente polo servizo de Correos polos mesmos motivos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentando a notificación da incoación do procedemento sancionador PSC/2018/27 e non podendo practicala, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, podendo, con carácter potestativo, publicalo previamente no Diario Oficial de Galicia.

En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo adoptado. Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o acordo na Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, situada no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número do expediente: PSC/2018/27.

Interesada: Ilunion Saúde, S.A.

NIF: A79707295.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Palomar, 10, baixo, 15004 A Coruña.