Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2018 Páx. 47473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 9 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2016/492-1 anexo 1).

Nº de expediente: IN407A 2016/492-1 anexo 1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: anexo 1 ao recuamento LMT, SMC-705 no lugar das Catas, Almeiras.

Concello: Culleredo.

Características técnicas:

• Retensado treito da liña de media tensión SMC-705 (actuación núm. 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,126 km, con orixe no apoio núm. 11 existente da LMT SMC-705 (expediente 10072), no treito entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09), en condutor Pigeon/99,22 mm2 (condutor existente), e remate no apoio núm. 12 proxectado a intercalar na LMT SMC-705, no tramo entre o CT Rafael Dieste e o CT As Catas.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,528 km, coa orixe no paso de aéreo a soterrado a realizar no apoio núm. 12 proxectado a intercalar na LMT SMC-705 (expediente 10072), no treito entre o CT Rafael Dieste (expediente 398/05) e o CT As Catas (expediente 350/09), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e remate en paso de soterrado a aéreo, a realizar no apio núm. 15 proxectado que substitúe o existente da LMT SMC-705 (expediente 10072), no treito entre o CS Aeroporto, a deixar sen servizo, e a derivada ao CT particular Archivo 2000, despois de realizar entrada e saída no CT As Catas (expediente 350/09).

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción segundo o previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña