Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boborás

ANUNCIO de requirimento do cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 186/2018).

De conformidade co disposto no ordinal oitavo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando as persoas responsables sexan descoñecidas, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, cos datos catastrais do terreo.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, mediante a comparecencia nas dependencias municipais, na r/ Cristóbal Colón, s/n, Boborás, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Boborás, 5 de outubro de 2018

Rosa González Doporto
Alcaldesa en funcións

ANEXO

Expediente: 186/2018.

Interesados: herdeiros de Dosinda Diz Fernández.

Acto de notificación: requirimento do cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal.

Parcela: polígono 37, nº 214 (Hermas) referencia catastral 32014A037002160000GH.