Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 28/2017.PED).

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30 de agosto de 2018, acordou aprobar definitivamente o expediente 28/2017.PED de estudo de detalle do extremo nordés do cuarteirón entre as rúas Caracas e Barcelona, no núcleo de Meicende, asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada e Beatriz Aneiros Filgueira, con data de outubro de 2017, e tramitado por instancia de Construcciones y Promociones Riazor, S.A.

Así mesmo, acordouse levantar a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito do estudo de detalle.

Contra o acordo de aprobación definitiva deste estudo de detalle, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

O contido íntegro do estudo de detalle pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: https://sede.arteixo.org/gl/informacion/verificacion_documentos/ introducindo o seguinte código de verificación do documento (CVD): Ntjrg7e1GdDwEoi5YOji

Arteixo, 3 de outubro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 1336, do 6.7.2015)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro do Departamento de Urbanismo e Medio Ambiente