Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 16 de outubro de 2018, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R003/244/2016 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese practicar, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno o órgano arbitral que se designou para tal efecto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a unidade do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Camilo José Cela, s/n (Edificio Administrativo), de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 16 de outubro de 2018

Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente número: 15R003/244/2016.

Interesado: Daniel Lorenzo Fariña.

NIF: 76413335K.

Acto notificado: laudo arbitral do 3.8.2018.

Expediente número: 15R003/635/2016.

Interesado: José Enrique Leirachá García.

NIF: 32656959H.

Acto notificado: laudo arbitral do 22.5.2018.