Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47362

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación do Plan especial para equipamento de centro sociocultural en Valadiño.

Aprobado inicialmente o Plan especial de equipamento de centro sociocultural en solo rústico no lugar de Valadiño, redactado polo arquitecto José Lorenzo Crespo Rama, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión.

Durante o devandito prazo, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, de luns a venres, das 8.00 ás 14.00 horas, para que formule as alegacións que se xulguen pertinentes. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello www.carnota.gal.

Conforme o establecido polo artigo 47.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, o acordo de aprobación inicial determina a suspensión de outorgamento de licenzas de edificación e demolición en todo o ámbito do plan.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a data de aprobación inicial, e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan especial.

Carnota, 8 de outubro de 2018

Ramón Noceda Caamaño
Alcalde