Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47314

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza.

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 485/2017 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Patricia Mata Vieites contra as empresas Costura Invisible, S.L. e outros sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se achegan:

Sentenza:

Na Coruña, vinte e dous de xaneiro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 485/2017 sendo parte neste, dun lado como demandante Patricia Mata Vieites representada pola letrada Lidia Vázquez Méndez e como demandadas, Gaviota Textil, S.L. representada polo letrado José Ramón Millán Cidón; Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Perseo Textil, S.L., Nuevo Siglo Textil, S.L. e Puntada Elaborada, S.L. non comparecen, malia estar citados en legal forma; Administración Concursal de Confecciones Deus, S.L., Administración Concursal de Deus Creaciones, Administración Concursal de Costura Invisible; Administración Concursal de Confecciones Fraga, S.L., Administración Concursal de Plataforma Costurera, S.L.; Administración Concursal de Shivishi, S.L.; Administración Concursal de Gaviota Textil, S.L. e Administración Concursal de Confección Ideal que non comparecen, malia estar citados en legal forma; Fogasa non comparece, malia estar citado en legal forma, sobre despedimento pronuncio en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido:

Que, estimando a demanda interposta por Patricia Mata Vieites contra as entidades demandadas debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, condenando as demandadas Shivshi, S.L.., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L., e Vainica Doble, S.L., no prazo de cinco días, á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 6.653,88 € máis, en caso de readmisión, os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución que ascenden 35,87 €/día.

Téñase en conta a opción pola indemnización efectuada por Gaviota Textil, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de Depósitos e Consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones de Fraga, S.L., Shivshi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza