Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47316

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (ETX 9/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 9/2018, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Francisco Julián López Gómez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o Decreto 98/2018, do 3 de setembro, polo que se declarou a Francisco Julián López Gómez en situación de insolvencia provisional e se acordou o arquivamento das actuacións.

Contra a dita resolución as partes poden interpor recurso directo de revisión no prazo de tres días. Neste órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Julián López Gómez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza