Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47291

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 23 de outubro de 2018 pola que se amplía o crédito da Orde do 27 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (IN541A).

A través da Orde do 27 de decembro de 2017 (DOG núm. 12, do 17 de xaneiro de 2018), convocáronse para o ano 2018 as subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 27 de decembro de 2017, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará unha contía de 589.862,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.20.732-A 760.1, e prevese a posibilidade de incrementar as ditas cantidades en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, feito que non suporá a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Mediante a Orde do 21 de xuño de 2018 modificouse o artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 27 de decembro de 2017, para incrementar o crédito en 111.1178,00 euros, polo que o seu importe total pasou a 701.040,00 euros.

Co fin de atender a estimación do recurso potestativo de reposición RRS-CEI-10/2018 é necesario incrementar o crédito orzamentario destinado a estas axudas, polo que procede a oportuna modificación orzamentaria para incorporar crédito na aplicación 09.20.732-A 760.1, Axudas para a creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, por un importe total de 240.000,00 €.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Modificar o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 27 de decembro de 2017, no referente ao crédito orzamentario destinado, para incrementar este en 240.000,00 euros, pasando de 701.040,00 euros á cantidade final de 941.040,00 euros.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria