Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2018 Páx. 47293

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Para o obxecto de convocar o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018, resolvo anunciar:

Primeiro

Que no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a Resolución do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se Convoca o curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Segundo

Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro

Que a presentación e xestión de solicitudes de participación se realizará a través da plataforma de formación do profesorado FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa