Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2018 Páx. 47097

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 3ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 3/2018).

Eu, Ana Jorge Rogel, letrada substituta da Administración de xustiza da Sección 3ª da Audiencia Provincial, certifico que neste procedemento RPL nº 3/2018, seguido por instancia de Panificadora Los Ángeles de Durán, S.L.U. contra Suma Servicios de Hostelería, S.L. e como demandada en situación procesual de rebeldía Geshostel Catering, S.L., se ditou nesta sala, a Sentenza do 15 de xuño de 2018, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Sentenza: 00229/2018.

Resolución:

Polo exposto, a Sección 3ª da Audiencia Provincial da Coruña resolve:

Estimando en parte o recurso de apelación articulado, revógase en parte a Sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, do 30 de maio de 2016, pola que se condena a Suma de Servicios de Hostelería, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 1.645,35 euros. A dita condena será solidaria por tal importe con Geshostel Catering, S.L., confirmando a resolución impugnada en canto se condena a Geshostel Catering, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 6.129,96 euros máis os xuros legais desde o momento da súa débeda, respondendo así solidariamente Suma Servicios de Hostelería, S.L. unicamente con aquela dos 1.645,35 euros citados máis os xuros legais desde a interpelación xudicial.

As custas de primeira instancia mantéñense respecto da condena de Geshostel Catering, S.L. e non se fai unha especial imposición das derivadas contra Suma Servicios de Hostelería, S.L. ao estimarse parcialmente a demanda contra ela.

Non se fai unha especial imposición de custas nesta alzada. Devólvase o depósito constituído.

Así se acorda e asina».

Ao encontrarse a entidade Geshostel Catering, S.L. en ignorado paradoiro e en rebeldía, e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a través da procuradora Sra. Vázquez Couceiro, para o seu dilixenciamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza