Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2018 Páx. 46777

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de prórroga da sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Mediante a Orde do 7 de xullo de 2016 (DOG do 20 de xullo), autorizouse a posta en marcha, con carácter experimental, dunha sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

O artigo 9 da devandita orde establece que o proxecto ten unha duración de dous cursos académicos, prorrogables en períodos de dous cursos académicos, logo do informe favorable do Servizo de Inspección Educativa emitido, tendo en conta a adecuación ás condicións e obxectivos indicados na súa posta en marcha e a permanencia das circunstancias que xustificaron a súa implantación.

Igualmente, na disposición derradeira primeira da citada orde autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar cantas normas se consideren oportunas para o desenvolvemento desta.

Emitidos os correspondentes informes favorables polos servizos de Inspección Educativa, de acordo co establecido no artigo 9 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro. Prorrogar, por un período de dous anos, a sección bilingüe de lingua inglesa no Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa finalidade de favorecer a práctica do inglés entre o alumnado do dito centro.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa