Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46639

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (341/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 341/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Asunción Uzal López e outros, sobre reclamación de cantidades se ditou sentenza, co seguinte contido:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Asunción Uzal López, Herminia Rey Recouso, Marta Figueira Gómez, Patricia Castro Juncal, María del Carmen Barbeito Villasenín, Silvia Veiras Quindimil, María Jesús Sanjurjo Ferreiro, María Jesús Iglesias Figueira, María Mar Suárez Suárez, Mhirta Manteiga Rivas, Nieves Pampín Martínez, Pilar Mosquera de la Iglesia, Verónica Muíño Gemiñas, contra a entidade Textil Bastián, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Textil Bastián, S.L., a que aboe ás demandantes as cantidades que se concretarán en concepto de indemnización por despedimento obxectivo non aboada:

A Marta Figueira Gómez, a cantidade de 5.915,52 €.

A María del Carmen Barbeito Villasenín, a cantidade de 3.444,89 €.

A María Jesús Sanjurjo Ferreiro, a cantidade de 5.619,04 €.

A Patricia Castro Juncal, a cantidade de 7.371,83 €.

A María Jesús Iglesias Figueira, a cantidade de 4.161,96 €.

A Asunción Uzal López, a cantidade de 3.486,66 €.

A Herminia Rey Recouso, a cantidade de 6.670,08 €.

A Verónica Muíño Gemiñas, a cantidade de 6.670,08 €.

A Silvia Veiras Quindimil, a cantidade de 5.488,92 €.

A María Mar Suárez Suárez, a cantidade de 7.371,83 €.

A Mhirta Manteiga Rivas, a cantidade de 4.671,26 €.

A Pilar Mosquera de la Iglesia, a cantidade de 6.670,08 €.

A Nieves Pampín Martínez, a cantidade de 4.714,88 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de citación en legal forma a Textil Bastián S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza