Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46638

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 987/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 987/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xan Xosé Fariña Sobrino contra Fibercable Telecomunicaciones, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Xan Xosé Fariña Sobrino contra a entidade Fibercable Telecomunicaciones, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Fibercable Telecomunicaciones, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 846,05 euros brutos, por salarios de xullo de 2017, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fibercable Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza