Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (930/2017).

PO. Procedemento ordinario 930/2017

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: Cristian Mejías Sánchez, María Valeria López Amado

Avogado: José Nogueira Esmorís

Demandados: Fogasa, Dublin Rockafe, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 930/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian Mejías Sánchez e María Valeria López Amado contra o Fogasa, Dublin Rockafe, S.L. sobre reclamación de salarios, foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Natalia Valeria López Amado e Cristian Mejías Sánchez, contra a entidade Dublin Rockafe, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Dublin Rockafe, S.L. a aboar a cada un dos demandantes a cantidade de 966,49 € brutos, por salarios devindicados en xuño de 2017, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dublin Rockcafe, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza