Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2018 Páx. 46655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 76/2018, do 1 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 1 de marzo de 2018, pronunciou a sentenza número 76/2018, ditada no procedemento ordinario nº 4260/2016, interposto pola procuradora Raquel Iglesias Regueira, en nome e representación de Francisco Álvarez González, sentenza que, na súa parte dispositiva, literalmente di:

«1) Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora Raquel Iglesias Regueira, en nome e representación de Francisco Álvarez González; contra a Orde do 25 de febreiro de 2016 pola que se aproba definitivamente o PXOM da Rúa (Ourense), publicada no DOG do 11 de marzo de 2016; polo que procede a súa anulación parcial coa correspondente declaración de que os dous predios sinalados no fundamento xurídico primeiro desta sentenza son o solo urbano consolidado, e procede a anulación da delimitación do SUNC-9 de solo urbano non consolidado descontinuo, con relación a estas dúas parcelas e como consecuencia da súa cualificación como sistema xeral de espazos libres.

2) Impoñer o pagamento das custas procesuais á parte demandada e codemanda dentro do límite respectivo de 1.500 euros para cada unha delas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo