Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46544

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva da expropiación para ampliación do sistema viario na rúa Salgueiras-Caión.

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria do 28 de setembro de 2018, acordou aprobar definitivamente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para efectos da obtención dos terreos necesarios para executar a ampliación do sistema xeral viario na rúa Salgueiras en Caión, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O acordo de aprobación definitiva implicará, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

O contido do acordo notificarase de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte días durante os cales poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

A Laracha, 1 de outubro de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde