Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46543

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle sobre reaxuste de aliñacións no núcleo de Castro.

O Pleno do Concello de Carballedo, en sesión celebrada con data do 27 de setembro de 2018, á vista dos antececedentes que constan no expediente de referencia e conforme o disposto nos artigos 79, 80 e 82 a 90, da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, logo da desestimación das alegacións presentadas, adoptou, entre outros, o seguinte

ACORDO:

1º. Aprobar definitivamente o estudo de detalle sobre reaxuste de aliñacións no núcleo de Castro do concello de Carballedo, redactado polo arquitecto Ramón Fernández Losada, con data de xaneiro de 2018.

2º. Publicar o acordo de aprobación definitiva, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que integran o estudo de detalle, así como o índice de planos deste no Boletín Oficial da provincia.

3º. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo o acordo de aprobación definitiva, dándolle traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente diligenciado, para a súa inscrición no Rexistro de Plan urbanístico de Galicia, no prazo dun mes desde a data da aprobación municipal.

4º. Facer constar no anuncio de aprobación definitiva a remisión da documentación á consellería, xa que a inscrición no rexistro de plan será condición para a publicación e eficacia do acto de aprobación definitiva.

Carballedo, 11 de outubro de 2018

Julio M. Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde