Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46545

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva da expropiación para a 3ª fase do sistema xeral do paseo marítimo de Caión.

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria do 28 de setembro de 2018, resolveu unha alegación presentada e acordou aprobar definitivamente o expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta para os efectos da obtención dos terreos afectados polo sistema xeral de paseo marítimo en Caión e recollidos na modificación puntual nº 2 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) necesarios para a execución da 3ª fase do sistema xeral de paseo marítimo de Caión, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

A acordo de aprobación definitiva implicará, de conformidade co artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

O contido do acordo notificarase de xeito individualizado a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran no expediente, conferíndolles un prazo de vinte días durante os cales poderán manifestar por escrito a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado.

A Laracha, 1 de outubro de 2018

José Manuel López Varela
Alcalde