Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46306

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 632/2015).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 632/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia López Martínez contra Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., José Antonio Iglesias Garaboa, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), Diseño As Cancelas, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., Iglesias Garaboa e Otra, C.B., José A Iglesias Garaboa, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela o vinte e cinco de setembro de dous mil dezaoito.

Visto o estado das presentes actuacións, sinálase novamente para a celebración dos actos de xuízo o próximo día 28.11.2018, ás 10.00 horas. Cítense para o efecto as partes comparecidas e expídanse tal fin os despachos oportunos, cos apercibimentos contidos na primeira cédula.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L.U., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Pontevedra, S.L., Team Salom, S.L., Diseño Ramón Cabanillas 16, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza