Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46304

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 299/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 299/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arturo Sueiro Taboada contra Francisco Javier Fernández Rúa e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Francisco Javier Fernández Rúa en situación de insolvencia parcial por importe 3.421,72 euros en concepto de principal e 484,57 euros en concepto de xuros e custas, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Francisco Javier Fernández Rúa, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza