Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46296

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación do auto de aclaración da sentencia (150/2018).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 150/2018 por instancia de Rufino Fraga Fraga contra a empresa Ifedic, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza en 24.9.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Auto:

Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

Na Coruña o vinte e catro de setembro de dous mil dezaoito.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Que o 16.7.2018 se ditou sentenza nos presentes autos, pola que se estimaba a demanda interposta pola parte demandante.

Segundo. Que o letrado José Manuel Nion Cancela, en representación da parte demandante, presentou escrito o 17.7.2018 en que solicitaba a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican no devandito escrito.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón “Os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinados, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderán facerse de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal”.

Segundo. A pretensión deducida pola parte demandante para obter a aclaración da sentenza ditada non pode ter acollemento favorable, por exceder do solicitado no suplico da demanda e polo seu carácter innecesario ao constar no fundamento de dereito primeiro.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

A súa señoría acorda que non procede aclaración solicitada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra o presente auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A letrada da Administración de xustiza».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ifedic Pereira, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 27 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza