Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2018 Páx. 46309

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 7/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 7/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Castro Cotón contra Courier Lugo, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza 429/2018.

En Santiago de Compostela o 21 de setembro de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades debidas de Trade) baixo o número 7/2017, en que é parte demandante Alejandro Castro Cotón, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, e son partes codemandadas a mercantil Courier Lugo, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei dito a presente con base nos seguintes

Decido que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda presentada por Alejandro Castro Cotón, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado, fronte á empresa Courier Lugo, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa Courier Luego, S.L. demandada a aboar a favor do traballador autónomo economicamente dependente (tamén, Trade) a cantidade de 20.513,51 euros (en concepto de falta de aviso previo da extinción da relación analizada, indemnización por extinción da relación analizada sen causa nin xustificación ningunha e a factura do último mes de prestación de servizos, mes de setembro de 2016, incluídos na táboa inserida no feito declarado probado terceiro ut supra da presente) máis a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado desde a data de reclamación ata a data de efectivo e completo pagamento ex artigos 1108 do Código civil e ex artigo 576 da LAC (nos termos fixados legalmente), e absolvo ao Fogasa de todos os pronunciamentos aducidos na súa contra no escrito de demanda reitor.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, que se presentará no prazo de cinco días hábiles a partir do seguinte ao de notificación da presente ante este órgano xudicial para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo do depósito da consignación fixada legalmente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, cos requisitos establecidos no artigo 190, seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta.

E para que sirva de notificación en legal forma a Courier Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza