Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicente e Santa María de Vigo (Carral-Cambre-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicente e Santa María de Vigo (Carral-Cambre-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 3 de outubro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Acto notificado: Resolución do 3.9.2018

– Interesados:

Couto Castelo, José

Insua Concheiro, Dolores

Blanco Fariña, Juan Carlos

Fraga Lamas, Eliseo

Barreiros Barros, María

Aguilar Vázquez, Josefa

Bello Gómez, Carmén

De Toro Santos, Antonio

Gesto Charlón, José Mª

Iglesias, José

Pérez Caheiro, Susana