Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural pola que se adxudican masas comúns da zona de concentración parcelaria de Montes de Foxás e Santa María de Bendaña (Touro-A Coruña) ao Concello de Touro.

Con data do 14 de setembro de 2018, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«O Acordo de concentración parcelaria da zona de Montes de Foxás e Santa María de Bendaña (Touro-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón da materia, con data do 29 de xullo de 2016, publicado e notificado na forma legalmente establecida, e atópase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello de Touro solicitou a cesión da titularidade dos predios que a seguir se indican para os fins que se sinalan:

Predio nº 68, para cargadeiro de madeira.

Predio nº 115, para campo da festa.

Predio nº 137 para equipamento deportivo.

Predio nº 8 para canal dos muíños.

Predio nº 17 para depuradora e cargadeiro de madeira.

Predio nº 10 para o contorno do muíño.

Predio nº 147 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 214 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 299 para área recreativa.

Predio nº 300 para área recreativa.

Predio nº 307 para depuradora.

Predio nº 342 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 510 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 531 para paso do río.

Predio nº 633 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 535 para aproveitamento das augas ferruxinosas.

Predio nº 678 para ampliación do cemiterio.

Predio nº 669 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 687 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 551 para cargadoiro de madeira.

Predio nº 692 para o contorno dos muíños.

Predio nº 889 para cargadoiro de madeira.

Vistos os informes emitidos pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e polo Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña, o artigo 29.8 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os referidos predios, e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 29.8 da antedita lei galega, e non excedendo do 0,3 % da puntuación total das achegas, establecido no referido artigo, esta dirección xeral resolve:

1. Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona de Montes de Foxás e Santa María de Bendaña (Touro-A Coruña) no sentido de adxudicar ao Concello de Touro a titularidade dos predios nº 68, 115, 137, 8, 17, 10, 147, 214, 299, 300, 307, 342, 510, 531, 633, 535, 678, 669, 687, 551, 692 e 889 –que causan baixa na fondo de terras da zona– para seren destinadas aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinadas aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá sobre a masa común da zona, o Patrimonio da Comunidade Autónoma, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou entidade que corresponda, segundo o caso.

O que se comunica para coñecemento e efectos».

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de outubro de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña