Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de outubro 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Piornedo, do concello de Cervantes (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal de Piornedo, situado na parroquia de Donís, no concello de Cervantes.

Día: venres, 23 de novembro de 2018.

Hora: 19.00 en primeira convocatoria (19.30 en segunda).

Lugar: antiga escola de Piornedo.

Parroquia: Donís.

Concello: Cervantes.

Orde do día:

1. Presentación.

2. Aprobación de estatutos da xunta xestora do monte de Piornedo.

3. Constitución da xunta xestora do monte de Piornedo.

4. Rolda de intervencións.

Lugo, 2 de outubro de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo