Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2018/8661 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras; r/ Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: modificación do CT 10418 Area Abajo.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas:

Reforma do CT non prefabricado Area Abajo, cunha potencia máxima admisible de 250 kVA e unha potencia instalada de 160 kVA, consistente en:

• Obra civil.

Realización dun depósito de recollida de aceite, construción de canle para as novas celas, instalación de anteparo de protección do transformador, construción de portas de dobre folla para o transformador e para acceso ao cadro de BT, ampliación da porta existente para acceso ás celas de MT e desmontaxe das instalacións actuais.

• Obra eléctrica.

Instalación dun novo transformador de 160 kVA, instalación de dúas novas celas de liña e unha de protección, instalación dun novo armario de BT e a realización de novas pontes entre o CT e o cadro de baixa e entre o CT e as celas de MT.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Empleo e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 24 de setembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo