Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fan públicas varias notificacións de resolución do expediente de reclamacións de danos RD/PO-112/2017 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido/a o seu/súa destinatario/a ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do/a interesado/a, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 26 de setembro de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-112/2017

Eva Solla Fernández

Resolución de expediente

PO-331 (Torneiros-Gondomar)

RD/PO-167/2017

Carlos Miguel Costa Martínez

Resolución de expediente

CG-4.1 (Rande-Alto da Portela)

RD/PO-170/2017

María Begoña Estévez Barros

Resolución de expediente

PO-400 (Salvaterra de Miño-Filgueira)

RD/PO-019/2018

Tomiñesa de Excavaciones y Transportes, S.L.

Resolución de expediente

PO-402 (Oleiros-Vilasobroso)

RD/PO-026/2018

José Manuel Rodríguez Arce

Resolución de expediente

PO-552 (Vigo-Tui)

RD/PO-042/2018

Isabel Lamas Fernández

Resolución de expediente

PO-552 (Vigo-Tui)

RD/PO-059/2018

María Jesús Rodríguez Padín

Resolución de expediente

PO-550 (Cambados-A Lanzada)