Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-FE-0043/2018-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-FE-0043/2018-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispon dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 1 de outubro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0043/2018-PPM

Soledad Iravedra Seijo

76569458C

Proposta de resolución

r/ Monasterio Monfero, 9, 1º, Ferrol