Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento dos puntos de información do servizo da Unidade de Atención a Centros do ámbito educativo da Xunta de Galicia, 2 lotes (expediente AMT-2018-0028).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a contratación do servizo para a atención aos usuarios dos sistemas de información a través da Unidade de Atención a Centros (UAC) do ámbito educativo da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 8.3.2018.

DOUE: 7.3.2018.

BOE: 15.3.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: lote 1: 3.123.966,96 € (IVE excluído), lote 2: 2.008.264,47 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

Lote 1: servizo de atención remota. Orzamento total de licitación de 1.260.000,00 € (IVE incluído).

Lote 2: servizo de atención e soporte in-situ. Orzamento total de licitación de 810.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

• Lote 1: 13.7.2018.

• Lote 2: 22.8.2018.

b) Data de formalización do contrato:

• Lote1: 31.8.2018.

• Lote 2: 25.9.2018.

c) Contratista:

• Lote 1: Informática El Corte Inglés, S.A.

• Lote 2: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe de adxudicación:

• Lote 1: 1.089.900,24 € (IVE incluído).

• Lote 2: 724.548,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia