Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento de sistemas de información para a xestión das medidas do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, con dous lotes, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020 (expediente AMT-2018-0024).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: esta contratación ten por obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas que permitan o apoio informatizado na xestión, seguimento, avaliación, información e control do PDR, desenvolvendo e/ou evolucionando e dando soporte a diferentes sistemas de información.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 1.2.2018.

DOUE: 30.1.2018.

BOE: 10.2.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 376.016,54 € (sen IVE):

• Lote 1: 202.710,74 €.

• Lote 2: 173.305,80 €.

5. Orzamento base de licitación:

• Lote 1: sistema de xestión contable do organismo pagador (Fogga): 163.519,99 € (IVE incluído).

• Lote 2: sistema de xestión de axudas de ordenación de montes e de prevención de incendios: 139.800,01 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 20.6.2018.

– Lote 2: 11.7.2018.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 12.9.2018.

– Lote 2: 12.9.2018.

c) Contratista:

– Lote 1: Seresco, S.A.

– Lote 2: Seresco, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 157.176,58 € (IVE incluído).

– Lote 2: 133.945,79 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia