Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María José Durán Maseda.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 258/2018 (procedemento abreviado), interposto por María José Durán Maseda, contra a Resolución do 14 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario (DOG número 97, do 23 de maio), convocado pola Resolución do 23 de maio de 2017.

Categoría: facultativo/a especialista da área de Psiquiatría.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos