Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 424/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 424/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sebastián Silva Souto contra Hostelería Heroica, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato, foi interposta por Sebastián Silva Soto contra a entidade Hostelería Heroica, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba a Sebastián Silva Soto coa entidade Hostalaría Heroica, S.L., no día de hoxe (19 de setembro de 2018), condenando a entidade Hostalaría Heroica, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 3.984,51 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Sebastián Silva Soto, contra a entidade Hostalaría Heroica, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Hostalaría Heroica, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 7.653,14 € líquidos por salarios percibidos entre xaneiro e setembro de 2018 (ambos os dous inclusive) e a compensación económica polas vacacións non gozadas, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Heroica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza