Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45966

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (335/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 335/2016 por instancia de Manuel Martínez Sánchez contra as empresas Celso Salgueiro Martínez e CSM Trasformaciones Metálicas, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 18 de setembro de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda formulada por Manuel Martínez Sánchez fronte ás empresas Celso Salgueiro Martínez e CSM Trasformaciones Metálicas, S.L.U., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Celso Salgueiro Martínez a aboar a Manuel Martínez Sánchez a cantidade de setecentos dezasete euros con setenta e oito céntimos de euro (717,78 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

– Condénase a empresa CSM Trasformaciones Metálicas, S.L.U. a aboar a Manuel Martínez Sánchez a cantidade de dous mil cento trinta e nove euros con vinte e sete céntimos de euro (2.139,27 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Celso Salgueiro Martínez e CSM Trasformaciones Metálicas, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 25 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza