Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45812

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1297/2018 BPB).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1297/2018-BPB desta sala, seguido por instancia de Santiago Rodríguez Rey contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servizo Público de Emprego Estatal, Fremap, a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Anma Forja Metal, S.L., a Mutual Midat Cyclops, Forjas de Santiago, S.L., Talleres Miguel Seoane e Carrocera Castrosúa, S.A., sobre accidente, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decidimos:

Que con desestimación do recurso interposto por Santiago Rodríguez Rey, confirmamos a sentenza que con data do 7.12.2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social, ao Servizo Público de Emprego Estatal, ás mutuas MC Mutual, Fremap e Asepeyo, e as empresas Carrocerías Castrosúa, S.A., Talleres Miguel Seoane, S.L., Forjas de Santiago, S.L. e Anma Forja Metal, S.L.

Modo de impugnacion. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Talleres Miguel Seoane, S.L., Forjas de Santiago, S.L. e Anma Forja Metal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza