Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45810

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1236/2018).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1236/2018 desta sección, seguido por instancia de Marcial Dasilva Estévez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, e Isla Vionta, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Estimando o recurso de suplicación interposto por Marcial Dasilva Estévez, contra a sentenza do xulgado do social número tres de Santiago de Compostela, en xuízo instado polo recorrente, contra o Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, e a empresa Isla Vionta, S.L., e Fondo de Garantía Salarial, a Sala revógaa en parte condenando a Mutua Fremap a aboar en concepto de anticipo a cantidade obxecto de condena, subrogándose na posición do demandante fronte á empresa Isla Vionta, S.L., e sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria das entidades xestoras para o suposto de insolvencia da mutua, mantendo o resto de pronunciamentos da parte dispositiva.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Isla Vionta, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza