Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45714

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 11 de outubro de 2018 pola que se modifica a Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

O 19 de xaneiro de 2018, a Consellería do Medio Rural publicou a Orde do 26 de decembro de 2017 (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2018) pola que establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

O artigo 21.1 da dita orde regula o prazo para xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 de outubro na anualidade 2018 e do 1 de outubro nas anualidades 2019 e 2020, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario.

Pola reestruturación producida ao abeiro do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos, así como a complexidade da análise das solicitudes, o proceso administrativo da resolución das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2017 pode alongarse no tempo, de tal xeito que a data de resolución podería ser posterior á data de xustificación inicialmente prevista para o 15 de outubro de 2018. Por esta circunstancia é necesario modificar a referida data de xustificación prevista no artigo 21.1 da Orde do 26 de decembro de 2018.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 26 de decembro de 2017 (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2018) pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018

Modifícase o primeiro parágrafo do número 1 do artigo 21 da dita orde:

«A entidade beneficiaria deberá xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 outubro na anualidade 2018, e 1 de outubro nas anualidades 2019 e 2020, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario».

Que queda redactado do seguinte xeito:

«A entidade beneficiaria deberá xustificar a subvención conforme a anualidade establecida na resolución da concesión e solicitar os correspondentes pagamentos parciais da subvención, coa data límite do 15 de novembro na anualidade 2018 e do 1 de outubro nas anualidades 2019 e 2020, salvo casos excepcionais debidamente autorizados polo órgano xestor acorde co artigo 45.3 do Decreto 11/2009, logo da petición do beneficiario».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural