Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente IN407A 2018/82-1).

Expediente: IN407A 2018/82-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento Matanza.

Concello: Padrón.

Feitos:

1. O 25 de abril de 2018 a promotora solicitou a autorización administrativa previa e de construción dun proxecto de peche e desmantelamento dun CT no concello de Padrón.

2. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Desmantelamento do centro de transformación Impest (15CTZ2), cunha potencia de 250 kVA, coa desmontaxe da liña de media tensión soterrada desde o punto de acceso á rede, situado enfronte do mencionado centro de transformación ata o propio CT e realizar un empalme de liña, no mesmo punto de acceso á rede, para dar continuidade á LMTS PAD802 (expediente 533/2006).

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa de peche da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A desmontaxe da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación da presente resolución.

3. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións, deberá comunicalo a esta xefatura territorial para proceder á acta de peche.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de setembro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña