Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 311/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 311/2018, seguido por instancia de Sandra Morales Ferro contra Nación Cuatro Caminos, S.L. sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza número 178/2018, do 19 de setembro, estimando a demanda presentada, contra a que non cabe interpoñer recurso ningún. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nación Cuatro Caminos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza