Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (392/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento nº 392/2018, seguido por instancia de Milagros Lourdes Casas Montero contra Global Fir, S.L., sobre despedimento, foi ditada a sentenza número 172/2018, do 18 de setembro, estimando a demanda, e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro da sentenza está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Global Fir, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza