Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 11 de outubro de 2018 Páx. 45571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 74/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 74/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto González Álvarez contra a empresa PV Montajes, S.C., Aplicagal, S.L., José Manuel Pájaro Vázquez e Óscar Carlos Pájaro Vázquez, sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto polo que se despacha execución e Decreto do 19 de setembro de 2018, impugnables en reposición no prazo de tres días, os cales están á súa disposición na sede do xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a PV Montajes, S.C., Aplicagal, S.L., José Manuel Pájaro Vázquez e Óscar Carlos Pájaro Vázquez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza